Unha pasarela peonil conectará o parque de San Roque coa contorna de Pedra da Ra
Unha pasarela peonil de 98,5 metros de lonxitude servirá para integrar o parque de San Roque coa ruta que da acceso ata o miradoiro de Pedra da Ra.
O desenvolvmento desta acción -que está está cofinanciada con fondos Feader tras ser seleccionado pola asociación Deloa para formar parte do programa Leader Galicia- foi adxudicada na xunta de goberno local por un prezo de 101.323,84 euros. A empresa Nemesio Ordóñez será a entidade encargada de materializar o proxecto, que ten un prazo de execución de seis semanas.
A pasarela peonil constará de dous brazos e unha zona central que pasará por enriba da estrada provincial DP-7301(que une o cruce do Vilar con Xarás por Frións) a unha altura de 5,5 metros.
O solado da pasarela será de formigón visto mentres que a infraestrutura contará con tres tipos de barandas (de ferro macizo, de aceiro inoxidable e de chapa metálica) para reforzar a seguridade, todas elas pintadas de branco. Tamén estará dotada de piares de formigón cun acabado con encofrado de madeira de piñeiro.