A idea da que parte o Departamento de Benestar Social é a de impartir a actividade en todas as parroquias do municipio
A Concellería de Benestar Social vén de abrir o prazo para apuntarse na actividade de ximnasia de mantemento e para maiores. Os interesados e interesadas deberán presentar ata o venres, 25 de setembro, como data límite, unha fotocopia do DNI, a ficha de inscrición debidamente cuberta e un número de conta bancaria. A idea é impartir as clases en todas as parroquias do municipio, para o que será necesario como mínimo un grupo de dez persoas.