Saturday 16 de November de 2024

A rapazada de Touro xa está desfrutando na Illa de Ons dos Campamentos de Verán 2022


Un grupo de rapaces e rapazas do Concello de Touro, dos oito aos 16 anos, xa están desfrutando dos Campamentos de Verán 2022. Onte, día 21 de agosto, partiron cara a Illa de Ons desde a sede do Concello de Touro. O Campamento de Verán, que terá lugar no Campamento Xuvenil Illa de Ons, desenvólvese do 21 ao 28 de agosto. Durante estes días os rapaces e rapazas de Touro poderán desfrutar de actividades e xogos e tamén poderán achegarse ata a praia.