O Carme dos Pincheiros festéxase na Pobra do Caramiñal dende o día 19 ao 22 de agosto e, debido á afluencia de xente que se desprazará á localidade por estas datas, o Concello habilita varias zonas de estacionamento: no Gadis situado nos Areos, na rúa Venecia (cuxo aparcadoiro contará dende hoxe con entrada dende o paseo dos Areos), en San Lázaro, na explanada portuaria, no Campo da Feira e no acceso ao CEP Salustiano Rey Eiras estará permitido aparcar en ámbolos lados da vía, respectando os vaos e sempre que non se obstaculice a circulación.
Cómpre indicar que a praza Alcalde Segundo Durán non estará á disposición durante estes días porque está destinada a numerosas actividades, constituíndo así un dos centros neurálxicos da programación dos festexos.