Do 26 de agosto o 2 de setembro disputarase o V Torneo de Xadrez Clásico Concello de Carballo, unha competición por formato suízo a 9 roldas, valedeira para Elo Internacional e Nacional, con partidas diarias de 90 minutos máis 30 segundos de incremento, e que repartirá importantes premios en metálico máis trofeos.
Para este ano agárdase unha participación duns 50-60 xogadores, alguns deles fortes Grandes Mestres e Mestres Internacionais, como Vladimir Petkov de Bulgaria e varios xóvenes talentos indios, que se enfrontarán os millores xogadores locais. Así o avanzaron o presidente e o secretario do Club de Xadrez O Toque Xiria, Javier Teixeira e Laureano Faya, respectivamente, que presentaron hoxe o cartel acompañados polo alcalde, Evencio Ferrero.
O torneo é puntuable para o XXXIII Circuíto Galego de Xadrez 2022, organizado pola Federación Galega de Xadrez, e para o VI Circuíto Intercomarcal de Xadrez Deputación da Coruña 2022. As partidas comenzarán as 17.00 horas na planta alta do Mercado Municipal, e retransmitiránse en directo por Internet os 5 primeiros taboleiros por chess24.com.
O prazo de inscrición aínda está aberto. Máis información en xadrezcarballo@gmail.com e na ligazón inferior.