Friday 22 de November de 2024

A Escola de Música Municipal de Ordes organiza unha xuntanza informativa aberta a todo o público


Terá lugar o vindeiro luns, 21 de setembro, ás 19 horas nos baixos da Alameda. Directiva e profesorado atenderán suxestións e resolverán calquera dúbida surdida de cara ao vindeiro curso

O vindeiro luns, 21 de setembro, a Escola Municipal de Música de Ordes celebrará unha xuntanza aberta a todo o público. Será ás 19 horas nos baixos da Alameda.

Neste encontro as persoas interesadas poderán transmitir todas as súas suxestións ou solicitar resposta ás dúbidas que lles poidan surdir en base á actividade do centro. Para isto contarase coa presenza tanto da directiva da escola como co cadro de profesores e representantes do Concello.

Ata o vindeiro venres, 25 de setembro, a Escola Municipal de Música de Ordes manterá a berto o prazo para inscribirse nas actividades e clases organizadas para este novo curso. Óboe, clarinete, frauta, saxofón, fagot, trompeta, tromba, trombón, bombardino, tuba, percusión, guitarra e piano son os instrumentos aos que se pode optar. En función dos tres noveis que se establecen tamén se poden optar a clases de música e movemento, conxunto instrumental, linguaxe musical, banda xuvenil e big band, harmonía e composición, banda xuvenil, big band e preparación para o conservatorio.

Melloras e novidades
Como novidade este ano o Concello de Ordes posibilitou unha serie de melloras como a ampliación do cadro do profesorado, pasando de tres a sete mestres; clases de 45 minutos de instrumento individualizadas; unha hora semanal de clases e coñecementos teóricos, música moderna, clásica e música e movemento para os cativos a partir de 4 anos.