Axentes da Policía local da Pobra do Caramiñal realizaron na pasada semana unha nova sesión de seguridade viaria, nesta ocasión dirixida ás persoas usuarias do CAD.
A este respecto, o concelleiro da Seguridade, José Andrés Lojo (Nós Pobra), e o xefe do corpo, José Manuel Cameán, manifestan que lles explicaron nocións básicas de seguridade viaria co apoio de material, cun compoñente lúdico, cedido pola Dirección Xeral de Tráfico (DXT), ademais de trasladárlle-lo equipo humano e material co cal conta o corpo policial.
Trátase dunha acción que se valora expandir para continuar achegando o labor das e dos axentes.