Tuesday 03 de December de 2024

A alcaldesa recibiu no Concello ao naronés Álvaro Fernández Calvo, campión de España de automodelismo na categoría 1/8 IC Track


A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Deportes, José Oreona, recibiron hoxe no Concello ao campión de España de automodelismo na categoría 1/8 IC Track Álvaro Fernández
Álvaro Fernández, deportista do Club RC Narón acadou recentemente o 5º puesto da súa categoría no Campionato de Europa de IC Track (Pista Gas) celebrado en Almussafes, Valencia, e no que participaron uns cen pilotos procedentes de distintos países europeos.

Na recepción coa alcaldesa e o edil de Deportes, o xoven deportista naronés de 18 anos, recordou como a súa afición polo automodelismo comezou aos 10 anos a través de seu pai, quen desenvolve o labor de mecánico na actividade, e contoulles a súas experiencias nesta modalidade deportiva.

Ferreiro transmitiulle as súas felicitacións pola encomiable traxectoria que está acadando como deportista de automodelismo e manifestoulle o orgullo de que como naronés, leve o nome de Narón en todas as competicións nas que participa, desexandolle moitos éxitos na súa carreira deportiva que constitue un exemplo para moitas persoas.