Máis de 200 alumnos están a piques de comezar un novo curso no Conservatorio Profesional de Música de Riveira
Na tarde de onte tivo lugar a presentación deste novo período formativo nun acto que contou coa presenza do alcalde Manuel Ruiz (quen destacou a importancia e valor que ten este centro para o pobo riveirense e para a comarca), do claustro de profesores co seu director Álvaro López á cabeza, e de numerosos pais e alumnos que ateigaron o salón de actos do edificio situado en Miguel Rodríguez Bautista.
Dez son as especialidades que se imparten (piano, gaita, violín, viola, violonchelo, flauta, clarinete, saxofón, trompeta e guitarra) e quince os profesores encargados.
Cómpre lembrar que ao ensino regrado hai que engadir a Aula Galega de Saxofón (que se desenvolve durante unha fin de semana ao mes para alumnos chegados de conservatorios de toda Galicia) e a Escola de Música Municipal, para que nenos e nenas teñan unha aproximación á música antes de ter os anos esixidos para acceder ao grao elemental.