Friday 22 de November de 2024

O Concello da Pobra activa un dispositivo especial para o mercado ambulante semanal


Coa finalidade de regulariza-lo estacionamento e o acondicionamento da contorna da praza de abastos tralo mercado ambulante semanal, o Concello da Pobra do Caramiñal pon en marcha para este 17 de agosto un dispositivo especial.

Efectivos da Policía local controlarán que non se aparque enriba das beirarrúas nin nos pasos peonís. Tamén farán especial fincapé en que os postos do mercado ambulante recollan o lixo que xeran durante a súa actividade económica e no momento de desmontaren, unha vez concluída a xornada.

Trátase dunha acción que se estuda repetir nas próximas semanas para incidir no cumprimento destas medidas.