A Asociación Socio-Educativa Antonio Gandoy abre o prazo de inscrición para participar dende outubro nas clases dirixidas ás familias con menores de 0 a 3 anos e para futuros pais e nais
Novamente o concello de Ordes ten previsto acoller a partir do mes de outubro o labor educativo, lúdico e didáctico infantil e familiar desenvolvido pola asociación Antonio Gandoy. A dita asociación ten como misión principal preservar, difundir e dar continuidade ao labor socioeducativo desenvolvido por Preescolar na casa, entidade que viña promovendo a cultura da infancia, sendo pioneiros e referentes de prestixio no desenvolvemento da parentalidade positiva nas familias galegas.
A idea é levar a cabo sesións semanais de dúas horas de duración en
distintas parroquias do municipio. Ademais do traballo e de dinámicas conxuntas de hora e media tamén se habilitarían outros 30 minutos de titorías e encontros individuais con cada familia. Un tempo no que os profesionais da asociación poñen en práctica actividades dirixidas a reforzar os vínculos comunicacionais, afectivos etc, así como a dar repostas ás necesidades dos pais, nais, nenos e nenas de 0 a 3 anos.
Non son os únicos xa que a actividade tamén está orientada a futuros pais e nais. Un traballo desenvolvido por mestres, pedagogos e psicólogos cunha ampla experiencia baseada na súa traxectoria profesional educativa desenvolvida en Preescolar na casa.
Inscricións
Todas aquelas persoas que estean interesadas en participar desta iniciativa ou que precisen resolver calquera dúbida pódense poñer en contacto co teléfono 686446838, ou ben no Departamento de Educación do Concello de Ordes 981 680 002 extensión 4. Os prezos oscilarán entre os 15 e os 20 euros mensuais.
A Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy constitúese en febreiro de 2013, co fin de continuar co traballo desenvolvido durante 35 anos por Preescolar na casa. Décadas de traballo a prol da infancia , das familias e da cultura galega dende unha intervención educativa coa familia, orixinal e integradora que se caracteriza tamén por ofrecer unha Seguindo esta liña establécense valores sólidos e de base como o compromiso coa educación, a cultura e o saber para o desenvolvemento das persoas; o papel da educación e da familia nos primeiros anos; o respecto pola lingua, o medio, a solidariedade e a cultura; a cooperación cos outros profesionais, organizacións e institucións relacionadas coa familia e a infancia. Para acadar os seus fins a asociación centra a súa actividade no Centro de Documentación e Difusión Antonio Gandoy e os espazos familiares.