O Concello de Narón acolleu a presentación da quinta edición do Torneo juvenil Sinde´s Cup, de categoría división de honor, que se disputará o vindeiro domingo 21 de agosto no campo de fútbol Sinde do Val – Narón.
No acto estiveron presentes a alcaldesa, Marián Ferreiro; José Oreona, concelleiro de Deportes; Manuel Teijeiro, secretario da Sociedade Deportiva O Val; Abraham Yáñez, delegado da Real Federación Galega de Fútbol; Juan Manuel Díaz, delegado do Comité técnico de árbitros de Galicia; e Manel Díaz, da web muchacalidad.com .
Os organizadores animaron á cidadanía a asistir á convocatoria, na que se xogará a primeira semifinal entre o Racing Club Ferrol e o Real Club Deportivo da Coruña ás 10.30 horas; a segunda semifinal xogarase entre o Club Deportivo Lugo e o Real Club Celta de Vigo ás 12.00 horas. O torneo reanudarase pola tarde e disputarase o terceiro e cuarto posto na final de consolación ás 17.30 horas. A gran final do Torneo se disputará ás 19.00 horas finalizando coa entrega de trofeos aos catro equipos participantes e, así mesmo, ao mellor xogador do torneo que será elixido por un comité técnico.
Esta quinta edición do Torneo juvenil Sinde´s Cup está adicada a Antonio López Doce “Tonecho”, histórico directivo da SD O Val, e realizarase un pequeno acto no torneo na súa memoria.
As persoas interesadas en adquirir as entradas poderán facelo a través de venta online en www.futbolferrol.es
Dende a organización amosaron o seu agradecimento ao Concello por acoller este evento deportivo. Pola súa banda, a alcaldesa, Marián Ferreiro, destacou o labor que se realiza dende a Sociedade Deportiva O Val e manifestou a vontade de seguir na liña de apoiar os eventos deportivos tal e como se ven facendo dende o Concello de Narón.