Friday 22 de November de 2024

Suspéndese a actuación do mago Jorge Blass por problemas médicos


O ilusionista non ofrecerá o espectáculo previsto para o día 25, no marco das festas de María Pita

A actuación do mago Jorge Blass, programada para o vindeiro xoves 25 de agosto na praza de María Pita, tivo que ser suspendida a raíz dun problema médico. O artista sufreu recentemente unha caída, o que lle obrigará a estar fóra dos escenarios nunha temporada.

Jorge Blass está considerado como un dos mellores profesionais no mundo da maxia, do especialmente recoñecido polas súas aparicións en distintos programas de televisión. Blass tiña previsto presentar o seu novo espectáculo nesta actuación, achegando a tecnoloxía ao seus espectáculo cun dron e efectos visuais moi rechamantes.

O ilusionista non poderá realizar o espectáculo previsto no marco das Festas de María Pita, así como outras actuacións previstas nas vindeiras datas tal e como xa anunciou a través das súas Redes Sociais.