Friday 22 de November de 2024

O programa municipal “Miúdo Verán” propón para este xoves unha sesión de cine no Roxal para os máis peques da casa


A proxección do filme “Bella e o circo máxico” comezará ás 22:00 horas

O Concello de Neda convida aos máis pequenos e pequenas da casa e ás súas familias a unha sesión de cine nocturno na pista polideportiva do Roxal. Este xoves, a partir das 22 horas, proxectarase o filme “Bella e o circo máxico”. A entrada é libre, e non se precisa de reserva previa.

A película inclúese no programa municipal “Miúdo Verán”, e aborda a historia de Bella e Henry, os mellores amigos do mundo. Xuntos deciden montar un espectáculo de circo na súa pequena cidade, onde a nena asombrará a todos cos seus números de maxia e a axuda do neno. Pero entón chega Johny, un neno novo no vecindario, con xoguetes caros e unha bici espectacular, que chamará a atención de Henry.

A sesión conta co apoio de Cultura no Camiño, a Rede Cultural da Deputación e o programa Ler Conta Moito.