A capital Fonte Díaz acolleu onte domingo, tras os últimos dous anos sen poder celebrarse a causa da pandemia, a tradicional celebración para a veciñanza de maior idade do Concello
O Concello de Touro reuniu onte, domingo 14 de agosto de 2021, en Fonte Díaz, capital do Concello e parroquia de Touro, aos seus maiores para darlles a xa tradicional homenaxe anual. Ao XXVIII Encontro da Terceira Idade de Touro, que durante os dos últimos anos no puido celebrarse a causa da pandemia da Covid19, acudiron arredor de 500 veciños e veciñas de máis de 60 anos.
O xantar celebrouse na zona de servizos de Fonte Díaz, onde están ubicadas a nova Casa da Cultura, o novo PAI, a piscina, a área de autocaravanas e a residencia de maiores. Nesta área foi onde se instalou a carpa que acolleu aos maiores que ata alí se achegaron.
Acudiron maiores das 19 parroquias que conforman a Concello de Touro. O inicio da XXVIII Festa da Terceira Idade estivo a cargo da Banda de Música Isabel II de Touro, que interpretou varios temas para os presentes. Os maiores desfrutaron da música da banda do Concello de Touro. A continuación, os asistentes participaron nunha misa campestre, que finalizou arredor das 14.15 horas. Trala misa comezou o xantar. O comedor instalouse na área de lecer baixo grandes carpas. O menú estivo composto de empanada, polbo á feira, carne ao caldeiro con patacas e sobremesas.
Os maiores de Touro tamén poideron disfrutar do bo ambiente que reinou no encontro durante toda a xornada. Houbo un recoñecemento por parte do Concello á veciña de maior idade que acudiu á festa da terceira idade, que foi Francisca Rendo Regos, de 97 anos e da parroquia de Prevediños. Pola súa banda, tamén tivo un agasalllo o veciño de mais idade presente onte no encontro: Manuel Balado Balboa, de 94 anos, e natural da parrquia de Quión. A festa estivo amenizada, ao remate do xantar, polo dúo ‘Eva e Camilo’. A celebración, que pretende ocupar o tempo libre dos maiores, rematou ben avanzada a tarde.