Celebrarase o vindeiro mércores 17 de agosto, a partir das 18 horas
O Concello abre hoxe inscrición nun novo itinerario guiado do programa “Descubrindo Neda”. Nesta ocasión, propón a Ruta do Pazo da Mercé, un dos inmobles máis emblemáticos do noso municipio. Antiga fábrica de curtidos, máis tarde vivenda do doutor Francisco Cebreiro, e hoxe aloxamento turístico de referencia na comarca. O percorrido pola súa historia e arquitecturarealizarase o vindeiro mércores 17 de agosto, a partir das 18 horas. Así mesmo, tamén se visitarán outros puntos do municipio como O Puntal, Fábrica Labora e
Fábrica do Monte, nun percorrido circular. Unha ruta de dificultade baixa na que poderemos coñecer parte do pasado industrial da vila.
A participación é gratuíta, con reserva de praza no correo da técnica de Turismo maría.fornos@neda.gal -sinalando nome e apelidos, DNI e municipio de residenciaou no teléfono do Albergue, 682 623 335 -de 12 a 19 horas hoxe venres, e o martes de 12 a 14 horas-.