A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, asinou tres convenios de colaboración cos representantes doutras tantas entidades por un importe conxunto de 24.100 euros. Os acordos permitirán manter as actividades e servizos que prestan ás veciñas e veciños da cidade as asociacións de Persoas Xordas de Ferrolterra AXF, Nosa Señora de Chamorro, e Solidariedade Galega co Pobo Saharaui
Ferreiro rubricou con Teresa Gallo, presidenta de AXF, o acordo que posibilita a utilización do Servizo de Intérprete de Lingua de Signos, cursos de Formación de Lingua de Signos Española e Servizo de Interpretación de LIngua de Signos a Lingua Oral, e viceversa, e Guía-Interpretación con persoas xordocegas.
A alcaldesa asinou tamén o convenio de colaboración co presidente da entidade Nosa Señora de Chamorro, Juan Manuel Victoria Meizoso, que permitirá desenvolver o proxecto FADAS 2022 de Formación e Apoio ao Desenvolvemento Afectivo Sexual.
Así mesmo, outro dos acordos rubricados por Marián Ferreiro foi coa presidenta da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, María Isla Avión, que permitirá desenvolver o programa Vacacións en Paz e ten como obxectivos fundamentais, entre outros, posibilitar a estadía de nenos/as sahararuis en acollemento temporal para familias de Narón durante un periodo de dous meses; garantir o seu dereito á saúde realizando a tal fin os controis médicos sanitarios pertinentes; respectar as súas crenzas; favorecer a súa integración no seu medio durante a súa estadía e garantir o regreso ao seu país coas súas familias.
Os representantes das entidades agradeceron a colaboración do Concello cos programas e actividades impulsadas por cada unha delas. Pola súa banda, Ferreiro, destacou o importante labor que levan a cabo cada unha destas entidades con persoas que precisan atencións moi específicas e coas súas familias.