— Engádense aos 57 que comezaron o ano pasado e que no vindeiro curso impartirán módulos de segundo curso en outros idiomas
— A formación en linguas estranxeiras desenvolveras en inglés, francés ou portugués
A Xunta vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a resolución definitiva pola que se autoriza un total de 66 ciclos formativos plurilingües que comezan no curso académico 2022/23 en 33 centros educativos galegos. En 57 deles a formación realizarase a través de módulos en inglés, en dous deles en inglés e francés e en sete en portugués. Estes novos ciclos súmanse aos 57 iniciados no pasado curso 2021/22, que no vindeiro curso impartirán módulos de segundo curso en outros idiomas.
Deste xeito, este ano haberá en Galicia un total de 33 centros con esta oferta (seis máis ca no pasado curso) a razón de 13 na provincia da Coruña, 4 en Lugo, 5 en Ourense, e 11 en Pontevedra. Aos que impartían ciclos plurilingües o curso pasado incorpóranse o CIFP Politécnico de Santiago, CIFP Compostela, CIFP Fraga do Eume, CIFP Imaxe e Son, CIFP Paseo das Pontes, IES Poeta Díaz Castro, CIFP Fermín Bouza Brey.
Estes ciclos correspóndense con 71 titulacións diferentes de FP que impartirán parte do seu currículo nunha lingua estranxeira neste curso 2022-23.
Mellora das competencias lingüísticas
Os ciclos formativos plurilingües teñen como finalidade a mellora das competencias lingüísticas do alumnado de FP co obxectivo de mellorar a súa inserción laboral e a competitividade dos sectores produtivos. Neste sentido, o desenvolvemento de habilidades de comunicación oral e escrita en linguas estranxeiras facilitará o desempeño laboral dos titulados no espazo europeo, na liña de internacionalización da FP que está a impulsar a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades a través de iniciativas como o programa Erasmus+.
Ademais, esta liña de acción dá resposta ás necesidades de formación e competencias lingüísticas expostas polas empresas e institucións que participan nos proxectos de FP dual de Galicia.
Os novos proxectos formativos plurilingües autorizados para o curso 2022/23 son os reflectidos na seguinte táboa:
PROVINCIA | CONCELLO | Centro | Ciclo | Idioma dos módulos non lingüísticos |
A Coruña | Culleredo | CIFP Universidade Laboral | Prevención de riscos profesionais | Portugués |
Acondicionamento físico | Inglés | |||
Mecatrónica industrial | Inglés | |||
A Coruña | Santiago de Compostela | IES Plurilingüe Rosalía de Castro | Guía, información e asistencia turísticas | Inglés (1º) |
Francés (2º) | ||||
A Coruña | Santiago de Compostela | CIFP Politécnico de Santiago | Laboratorio de análise e de control de calidade | Inglés |
A Coruña | Santiago de Compostela | CIFP Compostela | Dirección de servizos de restauración | Inglés |
A Coruña | Ferrol | CIFP Leixa | Deseño e edición de publicacións impresas e multimedia | Inglés |
A Coruña | Santiago de Compostela | IES San Clemente | Sistemas microinformáticos e redes | Portugués |
Administración de sistemas informáticos en rede | Portugués | |||
Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma | Inglés | |||
Desenvolvemento de aplicacións web | Inglés | |||
A Coruña | Coristanco | EFAG Fonteboa | Guía no medio natural e de tempo libre | Inglés |
Gandaría e asistencia en sanidade animal | Inglés | |||
Transporte e loxística | Inglés | |||
A Coruña | A Coruña | CIFP Ánxel Casal – Monte Alto | Audioloxía protésica | Inglés |
A Coruña | A Coruña | CIFP Someso | Programación da produción en fabricación mecánica | Inglés |
A Coruña | Pontedeume | CIFP Fraga do Eume | Dirección de servizos de restauración | Portugués |
A Coruña | Santiago de Compostela | IES A Pontepedriña | Comercio internacional | Inglés |
A Coruña | A Coruña | CIFP Imaxe e Son | Iluminación, captación e tratamento de imaxe | Inglés |
A Coruña | A Coruña | CIFP Paseo das Pontes | Confección e moda (FP dual) | Inglés |
Lugo | Chantada | IES Val do Asma | Desenvolvemento de aplicacións web (FP dual) | Inglés |
Lugo | Lugo | CIFP Politécnico de Lugo | Ensinanza e animación sociodeportiva | Inglés |
Lugo | Lugo | CIFP As Mercedes | Automoción | Inglés |
Mantemento aeromecánico de avións con motor de turbina | Inglés | |||
Lugo | Guitiriz | IES Poeta Díaz Castro | Soldadura e caldeiraría | Portugués |
Ourense | Ourense | CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel | Administración de sistemas informáticos en rede | Portugués |
Desenvolvemento de aplicacións web | Inglés | |||
Laboratorio de análise e de control de calidade | Inglés | |||
Laboratorio clínico e biomédico | Inglés | |||
Hixiene bucodental | Inglés | |||
Química e saúde ambiental | Inglés | |||
Ourense | Ourense | CPR Santo Cristo | Administración e finanzas | Inglés |
Ourense | Ourense | CIFP A Farixa | Axencias de viaxes e xestión de eventos | Inglés |
Guía, información e asistencia turísticas | Inglés | |||
Ourense | Vilamarín | IES de Vilamarín | Xestión de aloxamentos turísticos | Inglés |
Xestión de aloxamentos turísticos (FP dual) | Inglés | |||
Dirección de cociña | Inglés (1º e 2º) | |||
Francés (2º) | ||||
Dirección de servizos de restauración | Inglés | |||
Ourense | Ourense | CIFP Portovello | Asistencia á dirección | Inglés |
Xestión de vendas e espazos comerciais | Inglés | |||
Pontevedra | Caldas de Reis | CPR Plurilingüe San Fermín | Actividades comerciais | Inglés |
Pontevedra | A Estrada | IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez | Administración e finanzas | Inglés |
Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma (FP dual) | Inglés | |||
Deseño e amoblamento (FP dual) | Inglés | |||
Pontevedra | Vigo | CPR Plurilingüe San Miguel 2 | Informática e comunicacións | Inglés |
Informática de oficina | Inglés | |||
Pontevedra | Vigo | CPR San Miguel | Servizos administrativos | Inglés |
Servizos comerciais | Inglés | |||
Xestión administrativa | Inglés | |||
Instalacións de telecomunicacións | Inglés | |||
Pontevedra | Vigo | CPR Daniel Castelao | Xestión administrativa | Inglés |
Instalacións eléctricas e automáticas | Inglés | |||
Administración e finanzas | Inglés | |||
Administración de sistemas informáticos en rede | Inglés | |||
Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma | Inglés | |||
Pontevedra | Vigo | CIFP Manuel Antonio | Química industrial | Inglés |
Anatomía patolóxica e citodiagnóstico | Inglés | |||
Patronaxe e moda | Inglés | |||
Pontevedra | Vilagarcía de Arousa | IES Fermín Bouza Brey | Comercio internacional | Inglés |
Pontevedra | Vigo | CIFP Valentín Paz Andrade | Deseño e amoblamento | Portugués |
Pontevedra | Vigo | CPR Marcote | Comercio internacional | Inglés |
Pontevedra | O Porriño | IES Ribeira do Louro | Administración e finanzas | Inglés |
Comercio internacional | Inglés | |||
Pontevedra | Pontevedra | CIFP Carlos Oroza | Cociña e restauración | Inglés |
Xestión de aloxamentos turísticos | Inglés | |||
Xestión de aloxamentos turísticos (FP dual) | Inglés |
Esta actuación encádrase dentro do Programa de Cooperación Territorial «Plan de Modernización de la Formación Profesional», e da Estratexia de Formación Profesional Galicia 2030. Poderá ser obxecto de cofinanciamento polo Ministerio de Educación e Formación Profesional e pola Unión Europea-NextGenerationEU no marco do programa de cooperación territorial «Plan de modernización de la formación profesional», destinado ao redimensionamento da oferta de formación profesional, no marco do Compoñente 20 «Plan estratéxico de impulso da formación profesional», do Mecanismo de recuperación, transformación e resiliencia.