Friday 22 de November de 2024

O goberno municipal estudia a regulación dos pisos turísticos


Analizará as posibilidades de regulación municipal a pesares de ser unha competencia da Xunta de Galicia

O Goberno municipal estudia a regulación dos pisos turísticos a pesares de ser unha competencia da Xunta de Galicia. Tal e como se comprometeu no acordo político asinado coa Marea Atlántica o 29 de decembro de 2021, o goberno abordará neste ano as posibilidades de regular este tipo de vivendas.

O goberno local considera que neste momento non existe unha situación alarmante dado que existen na cidade máis de 20.000 viviendas en réxime de aluguer e pouco mais de 600 en alquiler turístico, mais considera necesario analizar en detalle a situación para poder tomar medidas que eviten o seu uso intensivo.