Paralelamente, está en fase de contratación outro proxecto de renovación do pavimento na mesma zona.
O Concello ten en fase de execución un proxecto no Igrexario de Erboedo que presenta o dobre obxectivo de mellorar e ampliar as redes de abastecemento de auga ás vivendas da zona e de recollida de pluviais para facilitar a drenaxe do terreo e aumentar a seguridade viaria.
O alcalde, José Manuel López Varela, e o concelleiro de Obras Públicas, Jesús Souto, acudiron ao lugar das actuacións para interesarse polo desenvolvemento destes traballos. O Concello inviste 42.000 euros procedentes integramente de fondos propios municipais.
Este proxecto complementaranse posteriormente con outra actuación consistente na renovación da superficie de rodadura da rede viaria nesta mesma zona que o Concello ten actualmente en fase de contratación. Precisamente a programación para estas datas da execución das obras de ampliación das redes de abastecemento e de recollida de pluviais, actualmente en marcha, evitarán no futuro aperturas de gabias que deterioren o pavimento.