Saturday 16 de November de 2024

Bergondo destina 50.000 euros para renovar os camiños de Vos Vilares e da Campiña


· Esta actuación está financiada a través do Agader polo que é imprescindible que as vías seleccionadas dean acceso ao que o ente autonómico considera como parcelas agrícolas.

O Concello de Bergondo adxudicou o proxecto para renovar os camiños de Vos Vilares, que alcanza as parroquias de Babío e de Bergondo, e da Campiña, que comprende as parroquias de Babío e Lubre.

Esta actuación conta cun orzamento de 50.000 euros e está financiada a través do Agader, polo que é imprescindible que as vías seleccionadas dean acceso ao que o ente autonómico considera como parcelas agrícolas.

No caso do camiño de Vos Vilares pavimentarase, con rega asfáltico, un total de 714 metros de lonxitude. No caso da Campiña, con 641 metros de lonxitude, aplicarase aglomerado asfáltico. Ambas as actuacións inclúen a limpeza de cunetas, bordos e a roza das marxes.