Friday 22 de November de 2024

O Concello destina 50.000 euros para a mellora do centro de ocio infantil municipal


• O proxecto, que ven de adxudicarse, permitirá mellorar o espazo da entrada, dotándoo dunha cuberta, baranda e dobre pasamáns, así como a renovación exterior do edificio.

O Concello das Somozas continúa a mellorar os edificios municipais. Agora, ven de adxudicar o proxecto para realizar unha mellora integral do centro de ocio infantil municipal, que conta cun orzamento de 49.814,67 euros.

Esta actuación ten o obxectivo de realizar unha mellora integral do edificio, renovando os revestimentos da súa fachada exterior e acondicionando o espazo de entrada, dotándoo dunha cuberta, de dobre pasamáns así como dunha baranda que protexa aos máis pequenos do desnivel existente coa rúa.

Os traballos contan cun prazo execución previsto de tres meses desde o inicio das obras.