Unha unidade móbil da Axencia para a Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazarase o xoves 18 de agosto, á cidade. O vehículo permanecerá estacionado xunto ao novo Centro de Saúde en horario de mañá e tarde, de 9.30 a 14.30 e dende as 15.30 ata as 21.00 horas.
Na xornada do venres 19 a unidade móbil permanecerá estacionada na Solaina, Praza da Constitución, en horario de tarde dende as 15.30 ás 21.00 horas.
Na xornada do sábado 20 a unidade móbil permanecerá estacionada a xunto ao Centro de Saúde en horario de mañá desde as 10.00 ata as 15.00 horas.
Antes da doazón é preciso almorzar e no caso de xantar, deberanse agardar dúas horas para realizar a extracción. Antes de doar haberá que presentar ao persoal da unidade móbil a tarxeta de doazón, o DNI ou algún documento similar e informar no caso de que se estea tomando algún medicamento. Poden acudir a doar as persoas maiores de 18 anos e que pesen máis de 50 quilos.