Os menores saharauis, procedentes dos campamentos de refuxiados de Tinduf en Arxelia, que pasan o verán con familias de acollida da cidade no marco do programa “Vacaciones en Paz” visitaron o Speis de Narón e o circuito de NHD Adventure 4X4.
Nas instalacións do Speis departiron con membros do equipo e estiveron acompañados pola delegada da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, Maite Martínez, e algunhas das familias de acollida, tanto na visita ao Speis como, posteriormente, no circuito de NHD Adventure
A concelleira de Benestar Social, Catalina García, valorou esta iniciativa impulsada cos menores saharauis e as súas familias, ás que agradeceu a súa participación no programa “Vacaciones en Paz”. Así mesmo, agradeceu a colaboración do equipo do Speis da cidade e tamén dos responsables do Club NHD Adventure e ao resto de entidades que este verán prestan a súa colaboración en eventos programados cos nenos e nenas saharauis que participan no programa.