Friday 22 de November de 2024

VII Edición da Feira Multisectorial do Comercio de Fene


O próximo domingo día 20 de setembrocelebrárase a VII Edición da Feira Multisectorial do Comercio de Fene organizada pola Asociación de Comercio, Hostelería e Servizos “O Cruceiro” en colaboración co Concello de Fene a través da Concellería de Promoción Económica ao frente da cal está César Castro. O horario da mesmaé das 10 h ás 20 h.
Nafeira os comerciantes de Fenepoñerán á venta os seus productos nunha carpa na rúa San Salvador (Perlío) no entorno da Praza do Perla. Roupa, calzado, e outros productos serán unha vez máis os que se oferten, aos que este ano hai que engadirunha importante novidade: os coches de ocasión de varias empresas de automoción de Fene, entre elas Galega de Vehículos, de recente creación, e Serga Motor. A variedade da súa oferta nestaFeira está garantida e será un importante atractivo da mesma.