Friday 22 de November de 2024

O Concello abordará diversas melloras no Colexio Valle Inclán


O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, e a concelleira de Ensino, María José Santos Zas, reuníronse no día de onte con representantes da ANPA do Colexio Valle Inclán. Atendendo ás súas peticións, o Concello abordará diversas actuacións de mellora no recinto escolar.

Polo compromiso do Goberno municipal co ensino público e co benestar dos nenos e nenas, o Concello procederá á renovación do parque infantil, colocación de bancos e outro mobiliario, pintado das pistas de xogo… a maiores dos traballos anuais de mantemento. O Concello tamén lle reclamará á Xunta de Galicia a finalización da obra que quedou sen rematar trala reforma do comedor escolar.