Friday 22 de November de 2024

O Concello de Ortigueira presenta a segunda edición do ciclo de concertos ‘Seráns non Claustro’


• Artistas da talla de Uxía e Germán Díaz, Vos Carecos, Silvia Penide ou o Grupo Fua tocarán ao longo deste mes no Claustro municipal

• O primeiro concerto, a cargo de Uxía e Germán Díaz, terá lugar este sábado 13 de agosto ás 21 horas

O Concello de Ortigueira presenta a segunda edición do ciclo de concertos ‘Seráns non Claustro’ para este mes de agosto.

Uxía e Germán Díaz, Vos Carecos, Silvia Penide Trío e o Grupo Fua ofrecerán diferentes actuacións de carácter gratuíto, ata completar aforo, no Claustro do Concello de Ortigueira.

A primeira das actuacións do ciclo terá lugar este sábado 13 de agosto ás 21 horas. Uxía e Germán Díaz ofrecerán un espectáculo musical que pretende mostrar toda a beleza da tradición dos Camiños a Santiago. A voz de Uxía únese á zanfona de Germán, instrumento protagonista do Roteiro Xacobeo. Este concerto forma, ademais, do programa alfonsí do Concello de Ortigueira para conmemorar o 800 aniversario do nacemento de Alfonso X.

O concerto de Os Carecos celebrarase o sábado 20 de agosto, o de Silvia Penide Trío o sábado 27, e xa no mes de setembro, o sábado 3 será a quenda para os temas pop e rock do Grupo Fua.
Todos os concertos terán lugar no Claustro municipal salvo que as inclemencias derivadas do parte meteorolóxico impídano, nese caso desprazaranse ao Teatro de Beneficencia.
En declaracións do alcalde, Juan Penabad, “decidimos seguir adiante cunha nova edición do ciclo de concertos “Seráns non Claustro” debido á gran aceptación que tivo entre a veciñanza e vos visitantes durante ou pasado verán”.

“Supón ademais unha forma de complementar a axenda cultural durante a época estival non noso municipio, onde a cultura, e neste caso concreto a música, goza dun papel destacado” recalcou o rexedor.