A praza Roxa de Cariño acollerá o próximo 6 de agosto a XIX Festa dá Caldeirada e Sardiña Lañada con máis de 2.000 racións despachadas ás e os asistentes.
Haberá pasacalles, a cargo da Banda de Gaitas da A.F. San Xiao do Trebo, e ao longo da tarde de ‘Mekanika Rolling Band’ e o dúo musical Pablo Balseiro & Os Cascarillas amenizarán a xornada.
O Concello de Cariño quere agradecer o traballo e colaboración da Asociación de Amas de Casa de Cariño, a Asociación de Amigos de San Xiao do Trebo, a Asociación Percebeiros de Cariño e a Confraría de Pescadores de Cariño.