Friday 22 de November de 2024

Asier Martís mestura Raíces e augarrás nunha exposición na casa da cultura da Pobra


A casa da cultura Raquel Fernández Soler da Pobra do Caramiñal conta cunha nova exposición pictórica: Raíces e augarrás, de Asier Martís García-Echave. A través de 30 cadros nos que predominan retratos, paisaxes e tradicións ao óleo, o autor rende homenaxe á localidade pola proximidade e agarimo que sempre lle trasladou a súa xente ao non ser galego de nacenza, se ben é certo que ten un vínculo sanguíneo con esta terra, por iso decidiu mesturar a súa orixe, as súas raíces, coa arte.

Amenizado por Arrancadeira, no acto inaugural que tivo lugar na tarde deste 5 de agosto, a concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), expresou o seu agradecemento por estas obras que reflicten a veciñanza e lugares emblemáticos coma, por exemplo, a escultura da Pescantina. Tamén augurou que, de seguro, esta exhibición incrementará a boa estima que o artista ten pola xente da Pobra e sentirá máis a súa calor.

As visitas poden efectuarse ata finais de mes, de luns a venres, en horario de 11.00 a 13.30 e de 19.00 a 21.00 horas.