As clases e adestramentos terán lugar de outubro a xuño
A Escola de Atletismo acaba de abrir o prazo de inscrición para todas e todos aqueles que queiran practicar este deporte no municipio de Ordes. As clases e adestramentos terán lugar dende o 1 de outubro ata o 23 de xuño, contando para isto coa colaboración do Concello de Ordes.
Atletismo Ordes e Atlética A Silva impartirán clases nos niveis de iniciación (martes e xoves 17 a 18 h) avanzado (martes e xoves 17 a 18 h), e perfeccionamento (xoves 19 a 20.30 h). O lugar de preparación e adestramento serán as pistas e instalacións situadas na cidade deportiva de Vista Alegre. No cadro de adestradores e monitores figuran Ana Domínguez e Xosé Domínguez, monitora e adestrador nacional respectivamente.
Para formalizar a inscrición será necesario entregar a ficha cos datos persoais, a cal se pode conseguir no departamento de Deporte do Concello. É imprescindible realizar o ingreso bancario, o cal pode aboarse mensual, trimestral ou anualmente. Unha vez feito isto poderase entregar o dito documento no mesmo departamento ou a través do correo electrónico atleticasilva@gmail.com.
Os rapaces e rapazas inscritos poderán participar nas competicións organizadas tanto pola Xunta de Galicia como polas Federacións Galega e Española de Atletismo.