A XXVIII edición de Alfaroleiros finalizará este domingo. Ata entón, os 22 alfares participantes estarán vendendo as súas pezas en horario de 10:00 a 22:00 horas. Ademais, durante toda a fin de semana haberá numerosas actividades paralelas.
Para hoxe venres están programadas demostracións de olería, o espectáculo de rúa Trasno ás 20:00 horas e o concerto de Guadi Galego ás 22:00 horas na praza de Esther Pita.
A programación de actividades para a fin de semana é a seguinte:
– Demostración de olería: o sábado, ás 13:00 horas, no parque Luís Seoane.
– Xogos tradicionais “Eira Xandobeleira”: o sábado, ás 18:30 horas, no parque Luís Seoane.
– Demostración de cociña en vivo co cociñeiro Alejandro Ares: o sábado, ás 20:30 horas, no parque Luís Seoane.
– Concerto gREAT sTRAITS: o sábado, ás 22:00 horas, na praza Esther Pita.
– Demostración de cociña en vivo co cociñeiro Alejandro Iglesias: o domingo, ás 13:00 horas, no parque Luís Seoane.
– Obradoiro “A olería nas túas mans”: o domingo, ás 18:30 horas, no parque Luís Seoane
– Xogos tradicionais “Eira Xandobeleira”: o domingo, ás 19:00 horas, no parque Luís Seoane.
– Pasarrúas do Grupo de gaitas Santaia: o domingo, ás 19:30 horas, no parque Luís Seoane.
– Concerto de La Quinkillada: o domingo, ás 21:30 horas, na praza Esther Pita.