• As persoas afectadas por esta xestión, que procederon á instalación dun valado nunha zona de titularidade municipal, teñen 15 días para presentar a documentación pertinente desde o recibo da notificación.
O Concello de Laxe concede 15 días de audiencia ás persoas propietarias dunha parte do terreo coñecido como Campo do Escaravello para que presenten toda a documentación pertinente en relación a unhas obras que ocupan unha zona de titularidade municipal.
Na actualidade, a parte da finca correspondente á Administración local non pode ser aproveitada pola veciñanza e turistas debido á instalación de postes métalicos e arames, dunha lonxitude de 48 metros e 1,50 metros de altura. Intervencións, ademais, que segundo un informe técnico con data do 19/07/2022 non teñen título habilitante.
Desde Alcaldía, en base a un informe do 26/07/2022, conceden un prazo de 15 días de alegacións que se iniciará desde que as persoas afectadas reciban a notificación.