O Concello de Oleiros contratará dúas persoas para o Servizo de Salvamento e Socorrismo. En concreto, abriuse un proceso selectivo para cubrir dous postos de socorrista acuático/a.
O prazo de presentación de solicitudes para aspirar a estas 2 prazas estará aberto os días 5, 8 e 9 de agosto na Sede electrónica. Non é necesario efectuar o pagamento de taxas.
(MÁIS INFORMACIÓN: http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/c-participacion-rrhh/rr-hh).