• Dará comezo o venres ás 17:00 horas coa apertura de postos medievais e ambiente musical.
Camariñas acollerá a VI edición da cita ‘ O Encaixe no Camiño’, organizada pola Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas, os días 2, 3 e 4 de setembro.
Dará comezo o venres ás 17:00 horas coa apertura de postos medievais e ambiente musical. O sábado, 3 de setembro, a primeira actividade da xornada será ás 11:00 horas, coa saída da comitiva desde a Casa de Pedra cara o Porto, para recibir ao Rei Afonso IX. Ás 11:30 horas, presentación dos actos no Porto. Desembarco do rei e recreación teatral da chegada do monarca.
O domingo 4 de setembro, ás 9:30 horas terá lugar a saída da camiñata, acompañando a Afonso IX ata Cereixo, facendo paradas con representación teatral en Xaviña e Cereixo. Ás 17:30 horas, celebrarase a recreación do desembarco da Dama italiana, que segundo a lenda ensinou a palillar. Posteriormente, haberá un desfile de moda con base no Encaixe de Camariñas.
Todos os días haberá actividades na rúa, ambiente musical, demostracións palilleiras, xogos populares e tapas medievais.