Friday 22 de November de 2024

Touro celebra mañá venres, 5 de agosto, a súa tradicional ‘Feira dos Emigrantes’


O Concello de Touro acolle mañá venres, día 5 de agosto, a súa tradicional ‘Feira dos Emigrantes’. As rúas de Fonte Díaz, capital do Concello, serán o escenario da cita para veciñanza e forasteiros. Todos os ‘días 5’ de cada mes hai feira en Touro, pero a do mes de agosto cobra especial relevancia porque sirve para que os veciños e veciñas de Touro que emigraron a outras zonas de España ou de Europa poidan reencontrarse. Persoas que residen durante todo o ano en Cataluña, País Vasco, Suiza ou Alemania volven no mes de agosto ao concello e a feira convírtese nun lugar para o reencontro. O Concello de Touro poñerá buses a disposición dos vecinos que quieran acudir á feira. Sairán dende as parroquias ás 10.00 horas e regresarán ás 16.00 horas.

A partir de las 12.00 horas está prevista a actuación da charanga ‘Os atrevidos’, que animará a xornada de compras nos postos nos que se instalan dende primeira hora da mañán nas rúas de Fonte Díaz. Tamén estarán instaladas as pulpeiras, tradicionais no día dedicado aos emigrantes.