• Un show de títeres, xogos, música e tradición oral para público familiar
• Terá lugar o sábado 6 de agosto na Área Recreativa O Castro ás 16 horas
O Concello de Cerdido organiza para este vindeiro sábado, 6 de agosto, un espectáculo de títeres, xogos, música e tradición oral para público familiar titulado ‘A Eira do Paporrubio’
A representación dará comezo ás 16 horas na Área Recreativa O Castro e para inscribirse hai que chamar ao teléfono 981 411 000 ou ben achegarse ata as oficinas municipais.