A iniciativa inclúese no programa cultural Xacobeo 2021-2022.
A praza Eduardo Vila Fano de Caión será o próximo luns, 8 de agosto, a partir das 20:00 horas o escenario da actuación da maga e ilusionista Lore Lavand.
A artista arxentina chega co seu espectáculo La vida misma, dirixido a todos os públicos e no que fai un
percorrido de sesenta minutos de duración polas diferentes etapas da vida e de todo o que ocorre nelas, coas cousas positivas e as negativas desde a infancia e ata a vellez.
O evento celébrase no marco do Festival Mundial de Ilusionismo ‘Galicia Ilusiona’ que organizan e producen Pedro Bugarín e Dani Polo co apoio da Xunta de Galicia dentro do programa cultural Xacobeo 2021-2022.