Friday 22 de November de 2024

O Concello de Oroso abre a inscrición nas actividades deportivas, coa novidade de tenis e atletismo para nenos e running para adultos


O prazo de anotación remata o 25 de setembro

O Concello de Oroso abre o prazo de inscrición nas actividades deportivas para o curso 2015-2016, que se desenvolverán do 1 de outubro ata o 30 de maio de 2016. Unas actividades que este ano presentan tres novidades: tenis e atletismo, para nenos e nenas, e running para adultos. A inscrición, que estará aberta ata o 25 de setembro, pode realizarse a través da web municipal (www.concellooroso.com).

As actividades convocadas este ano para os nenos e nenas de Oroso son: taekwondo, tenis de mesa, ximnasia rítmica, ximnasia acrobática, squash, xadrez, zumba kids, patinaxe, hóckey e atletismo infantil. As actividades para adultos serán pilates, ximnasia de mantemento, zumba, ioga e runnning adultos.

A cota por curso (de 1 de outubro a 30 de maio) é de 80 euros empadroados ou 130 euros non empadroados. O Concello de Oroso establece un desconto do 20% nas tarifas para familias numerosas. Máis información nas oficinas do Centro Deportivo de Sigüeiro, de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 22:00 horas.

A folla de inscrición pode descargarse na web municipal e debe entregarse no Rexistro Xeral do Concello. O pago deberá realizarse antes do inicio do curso (1 de outubro) a través dos impresos de autoliquidación dispoñibles na web do Concello. A admisión farase por rigorosa orde de anotación.