A casa da cultura Raquel Fernández Soler da Pobra do Caramiñal acollerá no 5 de agosto, ás 20.30 horas, a inauguración da exposición Raíces e augarrás, de Asier Martís García-Echave.
Nesta mostra, o artista fai unha homenaxe ao municipio pobrense, tentando traslada-lo agarimo e proximidade da súa xente ao non ser galego de nacenza, se ben é certo que ten un vínculo sanguíneo con esta terra.
Organiza a Concellaría da Cultura, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE).
A entrada é libre ata completa-la cabida.