Saturday 16 de November de 2024

O festival Caramiñas achega o folclore galego á Pobra


O canto, baile e música tradicional imperarán na Pobra no 6 de agosto co festival de verán Caramiñas.

A xornada arrancará ás 21.00 horas cunha ruada para máis tarde focaliza-la súa acción no Cantón da Leña, ás 21.30 horas. Contarase coa participación de Caraveiros e da Escola de Baile e Pandeireta Caramiñas.

Organiza a Asociación de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios coa colaboración da Concellaría da Cultura, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE).