A Deputación iniciou a licitación das obras de ampliación da calzada para crear unha beirarrúa na rúa Casares Quiroga, á altura do Pazo de Lóngora. As obras teñen un orzamento de 183.988,95 euros e un prazo de execución de 5 meses, unha vez comecen.
O Concello remitiu con anterioridade á Deputación as actas de cesión do solo necesario para poder realizar a ampliación.