O estado do firme desta rúa, con gran tránsito, é lamentable dende fai anos. A rúa a menos de 100 metros do centro da vila é empregada a diario por multitude de vehículos en horario de maior tráfico para evitar as caravanas do centro.
Tamén é unha das vías empregadas por viandantes que se dirixen ao paseo do Mero, campo de fútbol e cemiterio municipal. Alternativa dos Veciños volveu insistir no pleno municipal para que se tomen medidas para a súa reparación.