Saturday 16 de November de 2024

A parroquia ordense de Leira celebra estes mércores e xoves a súa tradicional romaría de Santa Eufemia


Estes mércores e xoves, 16 e 17 de setembro, Leira será lugar de encontro para os devotos a Santa Eufemia. Esta parroquia ordense celebrará a súa tradicional romaría, na que haberá misas de 9 a 12 e ás 20 horas, estando posta a misa solemne para ambos os días ás 13 horas. Como é habitual o baile, a música, as atraccións e os postos con todo tipo de produtos tamén terán o seu lugar.

No primeiro día a orquestra Xacobeo animará a sesión vermú e a verbena nocturna, na que estará acompañada pola orquestra Armonía Show. Xa de cara ao xoves Fania Blanco Show actuará tanto ao mediodía como pola noite. A orquestra Atenas completa o cartel para esta xornada, na que os gaiteiros de Embruxo e a música de charanga animarán e axudarán a facer unha boa festa.

Unha vez máis os organizadores desta celebración contan coa colaboración do Concello de Ordes para poder levala a cabo.