Mariela Castro, deputada na Asemblea Nacional de Cuba e Directora do Centro Nacional de Educación Sexual, foi recibida na Casa do Concello polo alcalde, Ángel García Seoane. O encontro, moi cordial, serviu para abordar diversas cuestións de actualidade así como outros asuntos políticos e históricos.
“Mariela Castro, filla de Raúl Castro, quixo visitar Oleiros pola vinculación que sempre tivemos con Cuba. Veu a Galicia polo acto que se celebrou onte en Láncara, no que tamén participei, na inauguración da Casa-Museo Ángel Castro, a vivenda dos seus avós paternos. Foi un encontro moi agradable no que nos agradeceron o apoio que sempre lle prestamos á República de Cuba desde o Concello de Oleiros”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.