Friday 22 de November de 2024

O mércores comeza a XXVIII edición de Alfaroleiros


O parque Luis Seoane de Santa Cruz acollerá, entre os días 3 e 7 de agosto, a XXVIII edición de Alfaroleiros. A feira de olería máis importante de toda España, tal e como a cualifican os profesionais do sector, concentrará un ano máis os mellores oleiros tradicionais da Península Ibérica que destacan por ser únicos nas súas respectivas zonas de procedencia e pola calidade e pureza dos seus traballos. O horario de exposición e venda será de 10:00 a 22:00 horas.

Paralelamente á feira, o Concello organiza numerosos espectáculos, concertos e actividades para todos os públicos, abertas e gratuítas. A programación é a seguinte:

– Acto de inauguración: mércores, 12:30 horas, parque Luis Seoane.
– Concerto Son Boleros: mércores, 21:00 horas, praza Esther Pita.
– Demostración de olería: xoves, 18:30 horas, parque Luís Seoane.
– Espectáculo de maxia de A Maga Fani: xoves, 20:00 horas, parque Luís Seoane.
– Proxección de cine “Spirit indomable”: xoves, 22:15 horas, praza Esther Pita.
– Demostración de olería: venres, 13:00 horas e 18:30 horas, parque Luís Seoane.
– Espectáculo de rúa “Trasno”: venres, 20:00 horas, parque Luís Seoane.
– Concerto de Guadi Galego: venres, 22:00 horas, praza Esther Pita.
– Demostración de olería: sábado, 13:00 horas, parque Luís Seoane.
– Xogos tradicionais “Eira Xandobeleira”: sábado, 18:30 horas, parque Luís Seoane.
– Demostración de cociña en vivo co cociñeiro David Sánchez: sábado, 20:30 horas, parque Luís Seoane.
– Concerto gREAT sTRAITS: sábado, 22:00 horas, praza Esther Pita.
– Demostración de cociña en vivo co cociñeiro Alejandro Iglesias: domingo, 13:00 horas, parque Luís Seoane.
– Obradoiro “A olería nas túas mans”: domingo, 18:30 horas, parque Luís Seoane
– Xogos tradicionais “Eira Xandobeleira”: domingo, 19:00 horas, parque Luís Seoane.
– Pasarrúas do Grupo de gaitas Santaia: domingo, 19:30 horas, parque Luís Seoane.
– Concerto de La Quinkillada: domingo, 21:30 horas, praza Esther Pita.