Sunday 24 de November de 2024

Alternativa de Cambre critica a politización da celebración da Galaicoi


Unión por Cambre, partido que goberna o municipio en coalición co PSOE, emprega este acto dun xeito político. En todas as edicións hai mostras esaxeradas dos concelleiros do partido facendo do evento parte da campaña electoral.

Este ano descaradamente pódese ver cun uso partidista das redes sociais municipais este ano mais discreto, o de só se da visibilización a simpatizantes e asociacións amigas. Ademais de gozar da cabana máis grande para a celebración, tamén pasearon con bandeiras do seu partido político nos desfiles e actuacións do evento.

Dende Alternativa consideramos que si o partido de UxC quere facer un evento para gañar votos que o faga con fondos do partido, non municipais. “¿Que dirían Unión por Cambre cando estaban na oposición se o PP aparece con bandeiras durante o entroido do municipio?” cuestiona Raúl Varela, voceiro do grupo en Cambre.