Saturday 16 de November de 2024

300 veciños renden homenaxe a don Marcelino Bretal, párroco de Calvos (Touro), polos seus 50 anos como sacerdote


Uns 300 veciños das parroquias de Calvos, Circes, Santiso e Andeade, no Concello de Touro, renderon onte homenaxe ao seu cura párroco: don Marcelino Bretal Rego. O sacerdote, que chegou a estas parroquias de Touro en 1970, celebrou o 50 aniversario da súa ordenación sacerdotal. A homenaxe tamén serviu para conmemorar os 45 anos que exerceu como párroco nestas terras do Concello de Touro. A homenaxe foi moi emotivo. Comezou cunha misa cantada na igrexa parroquial de Calvos (Touro). Os veciños apoiaron con ilusión e agredecimiento a homenaxe. A pesar da chuviosa mañá do pasado domingo, na Igrexa parroquial non cabía unha alma.
Tras a celebración eucarística, na que don Marcelino Bretal Rego estivo acompañado por sacerdotes chegados das parroquias próximas, comezou a comida homenaxe. Os organizadores instalaron unha carpa no campo da festa, fronte á igrexa parroquial. Unhas 300 persoas participaron na comida homenaxe. Acudiron boa parte os seus fregueses de Calvos, Circes, Santiso e Andeade. Tamén asistiu a práctica totalidade da corporación municipal do Concello de Touro, encabezada polo alcalde Ignacio Codesido. O sacerdote homenaxeado, de 77 anos de idade e natural do Concello de Ribeira, recibiu a calor dos seus veciños, quen destacou que a homenaxe serve para “festexar vos seus 50 anos de vida sacerdotal”. E fixéronlle ver que están “moi contentos de que sexa ou noso cura”. “Aproveitando esta xuntanza, queremos expresarlle a nosa gratitude por lestes 45 anos de dedicación e entrega e por acompañarnos nas alegrías, penas e bágoas”. Don Marcelino Bretal Rego agradeceu persoalmente o apoio e calor humano dos seus fregueses na homenaxe do domingo.