Friday 22 de November de 2024

Intercambio xeracional na Pobra


Crianzas participantes nos obradoiros Móvete atópanse compartindo experiencias coas persoas maiores usuarias do centro de día da Pobra do Caramiñal. Nesta xornada asistiron para interpretar un popurrí de cancións tradicionais galegas e outras pertencentes a xéneros contemporáneos.

Outra das actividades exercidas nesta semana foi con motivo do Día dos Avós, no cal os nenos e nenas quixeron felicitalos cunha performance e un poema de Saramago, trasladándolles así o seu agarimo. Deseguido, estiveron conversando sobre os xogos e xoguetes máis populares da infancia dos/as anciáns.

E, xa para os vindeiros días, está previsto que compartan o contacontos A que sabe a Lúa?. A maiores, desenvolverase un espectáculo de maxia e monicreques para a delicia dos/as presentes.

Esta serie de propostas atópanse ao abeiro dos obradoiros de conciliación para a tempada estival postos en marcha pola Concellaría da Igualdade, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra).