Os mozos e mozas que participaron como voluntarios nos Campamentos de Verán de Lousame, nos que participaron máis de 100 nenos e nenas de entre 6 e 14 anos, tomaron parte nun xantar de confraternidade organizado polo Concello de Lousame. “Trátase dunha forma de agradecer a súa colaboración durante todo o ano e, especialmente, durante estes campamentos pois sen a súa axuda non sería posible acoller a tantos e tantos rapaces e rapazas”, explica a concelleira de Xuventude e Voluntariado, Silvia Agrafojo.
De feito, a participación de voluntarios foi tan elevada nestes campamentos, que tiveron lugar do 11 ao 15 de xullo, que por cada grupo de dez nenos e nenas estaban dispoñibles cando menos 3 mozos/as voluntarios.