Actividade: “Cine de Verán”
Hora: 22.30
Lugar: Inmediacións do Centro Cívico Social de San Xiao
O Padroado da Cultura de Narón organiza este ciclo coa Deputación da Coruña. Nesta xornada proxectarase a película “Donkey Xote”. A entrada é de balde
Venres 29 de xullo de 2022
Actividade: “Cine de Verán”
Hora: 22.30
Lugar: Inmediacións do Centro Cívico Social de San Mateo
O Padroado da Cultura de Narón organiza este ciclo coa Deputación da Coruña. Nesta xornada proxectarase a película “A Galiña Turuleca”. A entrada é de balde.
Sábado 30 de xullo de 2022
Actividade: “22º Oenach Atlántico de Sedes”
Hora: De 11.00 a 00.00 horas
Lugar: Campa do Trece (Sedes)
O Padroado da Cultura organiza coa AVV Rosa dos Ventos, de Sedes, unha nova edición do Oenach Atlántico, declarado Festa de Interese Turístico de Galicia. A programación, contempla a recreación da vida comunitaria da época nun castro e inclúe xogos populares, un concerto de Xosé Manuel Budiño ás 13.00 horas, e degustacións gastronómicas (bolas de sartén, carne ao caldeiro, bolos preñados). Ás 17.00 horas poderase ver o espectáculo “Asdomare”, de Rilo & Penadique. Pola noite representarase a obra “O paxaro de Eiravedra”, ás 22.30 horas, a cargo do Grupo
Domingo 31 de xullo de 2022
Actividade: “Festa de exaltación da ameixa”
Hora: Dende as 11.30
Lugar: Pista polideportiva de San Mateo e inmediacións
O Concello e a Agrupación Veciñal de San Mateo organizan esta festa gastronómica, que comezará cunha mostra de traballos da veciñanza ás 11.30 horas na antiga unitaria de San Mateo. O menú comezará a servirse ás 13.00 horas. Haberá música en vivo e inchables.
Actividade: “Trishark Narón 2022”
Hora: A partir das 17.50
Lugar: Paseo marítimo de Xuvia
Uns 400 deportistas de diferentes clubs estatais participarán neste evento, organizado polo Concello e a Agrupación Deportiva Náutico de Narón.